A UE investiga a legalidade do tratamento outorgado polo Goberno español aos créditos fiscais dos que goza a banca, uns 40.000 millóns de euros. Se Bruxelas considera ilegal esa axuda do Estado, as entidades deberían captar esa cantidade por outras vías; e en caso de non poder facelo, as contas públicas terían que inxectala de novo, sumádose aos máis de 60.000 millóns gastados directamente en rescatar a banca.
Fálase
Traballadores da TVG advirten de que a canle pública "entra en campaña" de cara ás municipais ante o 24-M. O blog Eu non manipulo aclara que a televisión "aumenta o seu sesgo partidista cara ao Partido Popular" a medida que se achegan os comicios.
O PP gañaría as eleccións municipais en Santiago cun 34% dos votos, cunha pequena vantaxe sobre Compostela Aberta (27%) e PSOE (20%), segundo un estudo estimativo realizado por Carlos Neira para o gratuíto Compostela Actual en base a sondaxes previas. O BNG obtería un 8% e Ciudadanos un 4%.
Alberto Núñez Feijoo abre a man a pactar con Ciudadanos despois das eleccións do 24 de maio, en función da proximidade dos seus programas.
A Xunta rexeita suspender a taxa de saneamento de Ferrol, como propoñía AGE. O imposto, que supón un incremento de 77 euros anuais, recibiu máis de 2.000 recursos administrativos en contra.
As Xuventudes Socialistas critican que o PP emprega no seu progama municipal para Ourense imaxes de mulleres en axustador, minisaia ou vestidas cunha toalla
O eurodeputado da Esquerda Unitaria Helmut Scholz, un dos maiores coñecedores do estado actual das negociacións sobre o TTIP, alerta do "perigo" de que os gobernos europeos e norteamericano "impulsen un primeiro acordo político pechado" deixando "os asuntos concretos para negociacións futuras"
O xuíz Ruz procesa 11 altos cargos e militares de Marrocos por xenocidio no Sáhara. Investiga presuntos delitos de xenocidio, dentención ilega, torturas, asasinato e desaparición forzada entre 1975 e 1992.
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo acolle este venres unha xornada sobre Cooperativismo e Igualdade de Xénero. Ademais, na Escola Universitaria de Estudos Empresariais, tamén en Vigo, celebrarase unha mesa redonda sobre Mulleres xestoras na industria en Galicia e Portugal
Martiñá recoñece que cobrou das empresas de Crespo antes de ser director xeral de Traballo. O ex cargo da Xunta foi asesor de Gerardo Crespo, presunto líder da trama da operación Zeta.