O PP gañaría as eleccións municipais en Santiago cun 34% dos votos, cunha pequena vantaxe sobre Compostela Aberta (27%) e PSOE (20%), segundo un estudo estimativo realizado por Carlos Neira para o gratuíto Compostela Actual en base a sondaxes previas. O BNG obtería un 8% e Ciudadanos un 4%.
Fálase
Alberto Núñez Feijoo abre a man a pactar con Ciudadanos despois das eleccións do 24 de maio, en función da proximidade dos seus programas.
A Xunta rexeita suspender a taxa de saneamento de Ferrol, como propoñía AGE. O imposto, que supón un incremento de 77 euros anuais, recibiu máis de 2.000 recursos administrativos en contra.
As Xuventudes Socialistas critican que o PP emprega no seu progama municipal para Ourense imaxes de mulleres en axustador, minisaia ou vestidas cunha toalla
O eurodeputado da Esquerda Unitaria Helmut Scholz, un dos maiores coñecedores do estado actual das negociacións sobre o TTIP, alerta do "perigo" de que os gobernos europeos e norteamericano "impulsen un primeiro acordo político pechado" deixando "os asuntos concretos para negociacións futuras"
O xuíz Ruz procesa 11 altos cargos e militares de Marrocos por xenocidio no Sáhara. Investiga presuntos delitos de xenocidio, dentención ilega, torturas, asasinato e desaparición forzada entre 1975 e 1992.
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo acolle este venres unha xornada sobre Cooperativismo e Igualdade de Xénero. Ademais, na Escola Universitaria de Estudos Empresariais, tamén en Vigo, celebrarase unha mesa redonda sobre Mulleres xestoras na industria en Galicia e Portugal
Martiñá recoñece que cobrou das empresas de Crespo antes de ser director xeral de Traballo. O ex cargo da Xunta foi asesor de Gerardo Crespo, presunto líder da trama da operación Zeta.
O atleta Pedro Nimo rexeita o ofrecemento de sumarse á lista do PP en Santiago, segundo informa a Cadena SER
O Concello de Carballo pon en marcha a campaña "Paraúgate!", a través da que distribuirá paraugas nos espazos públicos da vila, convidando os veciños e veciñas a usalos cando fagan a pé as súas compras ou paseen. Os e as usuarias do servizo deberán deixar os paraugas para outras persoas cando xa non os necesiten.