O atleta Pedro Nimo rexeita o ofrecemento de sumarse á lista do PP en Santiago, segundo informa a Cadena SER
Fálase
O Concello de Carballo pon en marcha a campaña "Paraúgate!", a través da que distribuirá paraugas nos espazos públicos da vila, convidando os veciños e veciñas a usalos cando fagan a pé as súas compras ou paseen. Os e as usuarias do servizo deberán deixar os paraugas para outras persoas cando xa non os necesiten.
Ferrol en Común leva a cabo este xoves as súas primarias, cunha única candidatura, encabezada por Jorge Suárez e Eugenia Freire e apoiada por EU, Anova e o grupo de inscritos e inscritas en Podemos. Un total de 369 persoas poderán votar, nun proceso que terá lugar no Ateneo Ferrolán.
A Igrexa contrata a auditora Price Waterhouse para que mellore a súa imaxe económica e evite o desplome do seu financiamento. Cóntao El Diario
Besteiro reivindica que "o PSdeG cambiou Santiago, mentres que o PP só se dedicou a cambiar de alcaldes". O líder socialista presenta o candidato do partido na cidade, Paco Reyes, como unha persoa "que leva anos traballando" por Compostela, "porta a porta".
O BNG presenta a súa candidatura en Lugo como garantía de que "se resolvan os problemas da xente", di o seu candidato, Rubén Arroxo. O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, destaca que o 40% da candidatura está formada por persoas non militantes da formación.
Educación recorta case un 20% a contía das bolsas para estudar idiomas no estranxeiro. Recólleo La Voz
O alcalde de Cualedro, que fixo vendas ilegais á Deputación de Ourense, mantense como rexedor. Cóntao El País Galicia
A Casa da Cultura de Monforte acollerá este sábado os actos do Ano Lois Pereiro, que incluirán unha lectura de textos a cargo de varios escritores e xornalistas, organizada pola AELG. O poeta pasará a darlles nome, ademais, á propia Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal. Ao longo de todo o ano os centros de ensino da vila acollerán varias actividades.
Anxo Lugilde recibe este mediodía en Lugo o premio xornalístico Puro Cora, que convoca El Progreso, pola súa traxectoria profesional como xornalista político. Lugilde é cronista do xornal lucense, correspondente de La Vanguardia e autor do volume De Beiras a Podemos, editado por Praza Pública.