O alcalde de Cualedro, que fixo vendas ilegais á Deputación de Ourense, mantense como rexedor. Cóntao El País Galicia
Fálase
A Casa da Cultura de Monforte acollerá este sábado os actos do Ano Lois Pereiro, que incluirán unha lectura de textos a cargo de varios escritores e xornalistas, organizada pola AELG. O poeta pasará a darlles nome, ademais, á propia Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal. Ao longo de todo o ano os centros de ensino da vila acollerán varias actividades.
Anxo Lugilde recibe este mediodía en Lugo o premio xornalístico Puro Cora, que convoca El Progreso, pola súa traxectoria profesional como xornalista político. Lugilde é cronista do xornal lucense, correspondente de La Vanguardia e autor do volume De Beiras a Podemos, editado por Praza Pública.
Agadic convoca as axudas de 2015 para a promoción do talento audiovisual. Mantense a mesma contía de 2014 (145 mil euros) para a realización de longametraxes e curtas, así como para a escrita de guións, lonxe dos 400 mil de 2009 ou os 300 mil de 2010. O Observatorio do Audiovisual publicou en xaneiro un informe que analizaba a evolución destas axudas e pedía maior dotación e cambios para beneficiar os creadores individuais.
Feijóo di que "o financiamento do PP foi un gran erro" 24 horas máis tarde de que o PP vetase a súa comparecencia sobre o tema no Parlamento. Nunha entrevista en Onda Cero o presidente da Xunta evita desvelar se ten intención de recuncar como candidato en 2016.
Feijóo proclama que "a Compostela aberta de verdade" é a do PP. Na presentación de Agustín Hernández como candidato o presidente da Xunta di que no partido están "orgullosos do que fixemos" na capital galega, onde "asumimos os erros que cometemos", afirma.
O PSdeG insta a Feijóo a "pedir perdón" por autorizar as piscifactorías de Touriñán e Rinlo, ilegais segundo o Supremo, que obrigaron o Goberno a compensar as empresas con indemnizacións millonarias.
Varios medios analizan o discurso de Rajoy onte na xunta directiva do PP. "Rajoy convence o partido de que o mellor é non facer nada", titula El Mundo. Manuel Jabois sinala en El País que o partido saíu "moi reforzado no seu rumbo, que ninguén sabe cal é"
A UE endurecerá as axudas para transportes tras o fracaso de aeroportos en España. Cóntao El Diario
O PP veta unha vez máis que Feijóo explique o financiamento do partido no Parlamento