Esnáfrase un avión militar no municipio madrileño de Alcalá de Henares. Cóntao La Información.
Fálase
Na comisión de control de RTVE do Congreso dos Deputados o PP defende a súa reforma e acusa os servizos informativos do ente público de ser "sectarios" e "manipular"
Funcas empeora a previsión de PIB para 2012 e 2013, con caídas do 1,7 e o 0,2%. En canto á creación de emprego, tamén rebaixa as expectativas, ao falar dun descenso do -3,3% neste ano e dun -1,4% no seguinte, co que se alcanzarían taxas de desemprego do 24 e do 24,6% respectivamente.
Un informe interno do PSOE sinala que, a nivel de Estado, o PP perdeu cinco puntos de apoio cidadán dende que gañou as eleccións do 20 de novembro. Na Cadena SER.
O ex presidente da Xunta Fernando González Laxe acóllese ao seu dereito de formar parte do Consello Consultivo. O DOG de hoxe publica a resolución que avala o nomeamento.
Abertis 'ficha' a Elena Salgado. A ex ministra de Economía será vogal dun dos tres consellos asesores da compañía, que avisou ao Goberno da incorporación malia non requirir autorización.
O Senado de Arxentina aproba, logo de 14 horas de debate, o proxecto de lei para expropiar o 51% de YPF a Repsol con 63 votos a favor, tres en contra e catro abstencións.
Activistas do movimento Es.Col.a reocuparon a escola da Fontinha este mércores no Porto.
Hoxe celébrase o Día da Visibilidade Lésbica.
A SGAE celebra hoxe eleccións. Máis de 21 mil socios poderán votar a 173 candidatos. Os que parece que contan con máis posibilidades de facerse coa presidencia son Antón Reixa e José Luis Fernández Sastrón, pero hai moitas candidaturas, coma as de Jaume Sisa ou a de Manolo Carrasco.