Na mobilización contra os desafiuzamentos na Coruña está a participar o voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, xunto á tamén deputada Carme Adán
Na mobilización contra os desafiuzamentos na Coruña está a participar o voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, xunto á tamén deputada Carme Adán
A esta hora desenvólvense xa as primeiras mobilizacións contra os desafiuzamentos, convocadas para este serán por todo o país. Na imaxe, a manifestación de Ferrol (foto: @mcendan1967)
A crise agrava as diferenzas de riqueza entre autonomías. O PIB per cápita galego caeu un 1,5%, segundo os datos do INE que recolle El Diario
Galicia é a comunidade autónoma con menor consumo televisivo do Estado, segundo un estudo que recolle Europa Press na súa web
David Reboredo sairá da prisión, segundo anuncia o xornalista José Yoldi na súa conta de Twitter.
Rajoy fai balance do ano. Quéixase da herdanza recibida, defende os recortes e di "comprender" a "decepción" da cidadanía.
A conselleira de Facenda vén de entregar no Parlamento os Orzamentos Xerais para 2013. Os detalles das contas públicas, dende esta mañá en Praza Pública.
O PIB continuou caendo no cuarto trimestre pola contracción do consumo no Estado, segundo o último boletín económico do Banco de España.
Está a xerar unha gran controversia a imaxe de dous deputados do PP na Asemblea de Madrid xogando ao Apalabrados no pleno no que a Cámara rexional aprobou a privatización de seis hospitais. A Cadena SER conta que pediron perdón.
Televisión Española vai emitir unha entrevista co rei, realizada polo xornalista Jesús Hermida e sen preguntas de actualidade. En El Diario.