Está a xerar unha gran controversia a imaxe de dous deputados do PP na Asemblea de Madrid xogando ao Apalabrados no pleno no que a Cámara rexional aprobou a privatización de seis hospitais. A Cadena SER conta que pediron perdón.
Fálase
Televisión Española vai emitir unha entrevista co rei, realizada polo xornalista Jesús Hermida e sen preguntas de actualidade. En El Diario.
O alcalde de Ourense terá que recortar o seu soldo, segundo informa El País
Bankia sairá do Ibex o vindeiro 2 de xaneiro e ante a inminente recapitalización da entidade.
Madrid aproba a lei para privatizar hospitais e os médicos poñen fin á folga, aínda que anuncian novas mobilizacións. O PP saca adiante a ferramenta que permite ceder a xestión sanitaria a empresas.
A deputada do BNG Ana Pontón e o voceiro da formación en Compostela, Rubén Cela, visitaron hoxe as persoas afectadas por participacións preferentes que permanecen pechadas no consistorio santiagués
A Comunidade de Madrid di que perdeu 30.000 empregos por culpa "das manifestacións e folgas". Xustifica parte do aumento do paro nas mobilizacións cidadás.
#consellodaxunta Os orzamentos prevén un retroceso da economía galega do -0,9% para 2013, cunha taxa de paro do 21%. Facenda estima que 2012 rematará cunha caída do PIB do -1,1%
#consellodaxunta O Consello vén de aprobar os Orzamentos para 2013. Asegura Feijóo que responden á máxima de "non vivir por riba das nosas posibilidades". Estarán en vigor o 1 de marzo, tras o trámite parlamentario.
#consellodaxunta A Xunta culmina a compra do Castelo de Pambre, en Palas de Rei, tras un acordo cos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Vigo, que o herdaran. A adquisición realízase con fondos destinados a servizos sociais, que presta esta orde relixiosa, di Feijóo.