#consellodaxunta Os orzamentos prevén un retroceso da economía galega do -0,9% para 2013, cunha taxa de paro do 21%. Facenda estima que 2012 rematará cunha caída do PIB do -1,1%
Fálase
#consellodaxunta O Consello vén de aprobar os Orzamentos para 2013. Asegura Feijóo que responden á máxima de "non vivir por riba das nosas posibilidades". Estarán en vigor o 1 de marzo, tras o trámite parlamentario.
#consellodaxunta A Xunta culmina a compra do Castelo de Pambre, en Palas de Rei, tras un acordo cos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Vigo, que o herdaran. A adquisición realízase con fondos destinados a servizos sociais, que presta esta orde relixiosa, di Feijóo.
#consellodaxunta O persoal da Xunta que o desexe poderá cobrar a metade da paga extra de xullo -que será recortada- coa nómina de xaneiro
#consellodaxunta A Xunta renova o complemento das pensións non contributivas, instaurado polo bipartito. As 43.000 persoas que reciben estas prestacións terán unha achega extraordinaria de 206 euros.
A líder de UPyD, Rosa Díez, reclama limitar o dereito á folga e apoia así as teses do presidente da Comunidad de Madrid, Ignacio González (PP). En El País
Xa é pública a nova estrutura da Generalitat de Catalunya, con doce consellerías nas que se inclúe por primeira vez un departamento de Asuntos Exteriores. No Diario Ara
Un militante de Izquierda Unida logrou que esta formación se declare oficialmente en contra de pseudociencias como a homeopatía. Cóntao Materia
- Persoal da Xunta maniféstase a esta hora en San Caetano, onde se están a aprobar os Orzamentos para 2013, que recortan o seu salario
Novo record de desafiuzamentos en España: case 50.000 até setembro, un 16% máis que hai un ano. Supoñen máis de 5.500 desaloxos ao mes.