Novo record de desafiuzamentos en España: case 50.000 até setembro, un 16% máis que hai un ano. Supoñen máis de 5.500 desaloxos ao mes.
Fálase
Amaiur denuncia unha posible espionaxe no seu despacho do Congreso. Detecta filtracións á prensa de conversas matidas na Cámara.
A Xustiza obriga a Comunidade Valenciana a implantar a educación en catalán nunha escola tras o recurso presentado por pais e nais. Dálle a razón á comunidade educativa fronte a posición do Goberno popular.
Artur Mas anuncia hoxe a composición do novo Goberno catalán, no que Felip Puig deixaría a Consellería de Interior despois da súa controvertida xestión, segundo La Vanguardia
Declaran ilegal unha urbanización que tiña permisos ambientais da Xunta. Cóntao El País.
Os sindicatos maniféstanse ante San Caetano contra o recorte salarial aos funcionarios. As organizacións sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función Pública concéntranse ás 11, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta no que se aprobará a redución de soldo para os empregados públicos.
Guipúscoa quere desenterrar máis de 100 gudaris mortos en Asturias en 1937. A Deputación e o Concello de Donostia, ambos os dous gobernados por Bildu, veñen de aprobar un convenio de colaboración para exhumar os corpos.
Novagalicia Banco será 100% estatal, polo que Novacaixagalicia perderá a súa participación na entidade. O FROB vén de confirmar tamén que a quita das preferentes se producirá no primeiro trimestre de 2013. Resúmeo Europa Press na súa web.
TVE introduce cambios nas persoas que presentan os seus informativos tras a caída de audiencia, que parte do persoal atribúe ao control político da nova dirección e á perda de calidade. En Público.es
O discurso de Noiteboa do Rei perdeu dous millóns de espectadores na última década. A pesar de ser transmitido por 30 canles de televisión o espazo tivo unha audiencia de 6.9 millóns de espectadores. Entre os menores de 44 anos a audiencia media caeu doce puntos dende o pasado ano. Catalunya, Baleares, Pais Vasco, Canarias e Asturias rexistran as audiencias máis baixas e Castela e León e Galicia as máis altas.