Declaran ilegal unha urbanización que tiña permisos ambientais da Xunta. Cóntao El País.
Declaran ilegal unha urbanización que tiña permisos ambientais da Xunta. Cóntao El País.
Os sindicatos maniféstanse ante San Caetano contra o recorte salarial aos funcionarios. As organizacións sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función Pública concéntranse ás 11, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta no que se aprobará a redución de soldo para os empregados públicos.
Guipúscoa quere desenterrar máis de 100 gudaris mortos en Asturias en 1937. A Deputación e o Concello de Donostia, ambos os dous gobernados por Bildu, veñen de aprobar un convenio de colaboración para exhumar os corpos.
Novagalicia Banco será 100% estatal, polo que Novacaixagalicia perderá a súa participación na entidade. O FROB vén de confirmar tamén que a quita das preferentes se producirá no primeiro trimestre de 2013. Resúmeo Europa Press na súa web.
TVE introduce cambios nas persoas que presentan os seus informativos tras a caída de audiencia, que parte do persoal atribúe ao control político da nova dirección e á perda de calidade. En Público.es
O discurso de Noiteboa do Rei perdeu dous millóns de espectadores na última década. A pesar de ser transmitido por 30 canles de televisión o espazo tivo unha audiencia de 6.9 millóns de espectadores. Entre os menores de 44 anos a audiencia media caeu doce puntos dende o pasado ano. Catalunya, Baleares, Pais Vasco, Canarias e Asturias rexistran as audiencias máis baixas e Castela e León e Galicia as máis altas.
O programa Carne Cruda, eliminado pola nova dirección de RNE, anuncia o seu regreso en versión 2.0
Os traballadores do Diario de Ferrol concentraranse este xoves ás 10.30 horas en protesta polo que consideran "un progresivo desmantelamento do xornal", visible por exemplo na non renovación da súa edición dixital. No último ano o xornal prescindiu de catro xornalistas e pretende trasaladar outros tres.
O bosón de Higgs, descubrimento científico do ano, segundo a revista Science. Entre os outros feitos destacados aparecen a secuenciación xenómica dos denisováns, unha especie humana atopada en Siberia, o proxecto Encode ou a aterraxe do Curiosity en Marte.
A Xunta publica un catálogo con suxestións para facer agasallos en galego durante estas festas. Pódese descargar aquí