A líder de UPyD, Rosa Díez, reclama limitar o dereito á folga e apoia así as teses do presidente da Comunidad de Madrid, Ignacio González (PP). En El País
Fálase
Xa é pública a nova estrutura da Generalitat de Catalunya, con doce consellerías nas que se inclúe por primeira vez un departamento de Asuntos Exteriores. No Diario Ara
Un militante de Izquierda Unida logrou que esta formación se declare oficialmente en contra de pseudociencias como a homeopatía. Cóntao Materia
- Persoal da Xunta maniféstase a esta hora en San Caetano, onde se están a aprobar os Orzamentos para 2013, que recortan o seu salario
Novo record de desafiuzamentos en España: case 50.000 até setembro, un 16% máis que hai un ano. Supoñen máis de 5.500 desaloxos ao mes.
Amaiur denuncia unha posible espionaxe no seu despacho do Congreso. Detecta filtracións á prensa de conversas matidas na Cámara.
A Xustiza obriga a Comunidade Valenciana a implantar a educación en catalán nunha escola tras o recurso presentado por pais e nais. Dálle a razón á comunidade educativa fronte a posición do Goberno popular.
Artur Mas anuncia hoxe a composición do novo Goberno catalán, no que Felip Puig deixaría a Consellería de Interior despois da súa controvertida xestión, segundo La Vanguardia
Declaran ilegal unha urbanización que tiña permisos ambientais da Xunta. Cóntao El País.
Os sindicatos maniféstanse ante San Caetano contra o recorte salarial aos funcionarios. As organizacións sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función Pública concéntranse ás 11, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta no que se aprobará a redución de soldo para os empregados públicos.