Fútbol. Segunda B. O Ourense gaña 5-3 ao Avilés e afástase do descense e o Coruxo cae 2-0 ante o Marino de Luanco.
Fálase
O Deportivo empata en Riazor ante o Athletic (1-1) e segue fóra dos postos de descenso. Bruno Gama adiantou os galegos e Llorente empatou para o conxunto vasco.
Centos de persoas camiñan en Vigo en defensa da Serra do Galiñeiro, ameazada pola instalación de xeradores eólicos e por proxectos mineiros de terras raras. Imaxe de @GalizaNovaVigo.
O Obradoiro cae ante o Joventut (79-82), que remontou a vantaxe inicial dos galegos. O conxunto santiagués continúa en postos de play-off, pero a pelexa apértase.
A 'marea branca' inunda Madrid contra a privatización da sanidade.
O BNG propón cambiar a lei para que os estafados polas preferentes non sufran perdas. Esixe que se lles devolva o investimento íntegro como indemnización.
Anova celebra desde as 10 da mañá a súa asemblea deliberativa en Compostela, que ten a súa clausura prevista para as 18 horas.
Francisco Vázquez defende a Feijóo e ataca o PSOE nunha entrevista en El Correo Gallego. Acussa o seu partido de ser "tolerante con posicións de minorías".
A fiscalía non foi informada das conversas entre Feijóo e Dorado. Os pinchazos non se transcribiron nin se fixo atestado policial.
Sousa agochou 480 millóns da débeda oculta de Pescanova con operacións en cinco empresas, segundo conta El País.