A suba do IVE producirase o 1 de setembro, salvando en parte a tempada turística. Así mesmo, a dedución por compra de vivenda deixará de aplicarse o 1 de xaneiro de 2013. #Cmin
Fálase
Montoro confirma a aprobación da modificación da lei de bases de réxime local, nos termos adiantados por Rajoy: redución de concelleiros e asunción das competencias dos concellos con menos recursos por parte das Deputacións. Tamén anuncia a aprobación das medidas relacionadas coa Función Pública: supresión da paga extra de Nadal, e a redución dos liberados sindicais #Cmin
Sáenz de Santamaría afirma que a nova Lei de Costas se basea na "tolerancia cero fronte as agresións nas costas", pero tamén quere dar "protección xurídica aos propietarios" e, como publica xa El País, amnistía 11 núcleos conflitivos e no caso das rías (que afecta moi especialmente ás Rías Baixas galegas), reduce a servidume de protección de 100 a 20 metros, equiparando a costa das rías á protección que hoxe teñen os ríos. #Cmin
Radio Nacional de España despide a Juan Ramón Lucas, condutor do programa matinal En días como hoy, que veu medrando ininterrompidamente en audiencia nos últimos anos, segundo adianta Eldiario.es. El Confidencial sinala que tamén desaparecerán da grella de RNE Toni Garrido e Pepa Fernández.
Comeza o Consello de Ministros. Comparecen Saénz de Santamaría, De Guindos e Montoro. A vicepresidenta do Goberno afirma que "España vive hoxe un dos momentos máis difíciles e dramáticos da nosa historia recente" e anuncia que no que queda de ano se aprobarán unhas vinte leis, de liberalización de distintos sectores, unha reforza xudicial, e a Lei de Costas (da que hoxe se aprobou o seu anteproxecto), a reforma da formación profesional e unha reforma enerxética, que aprobará este mesmo mes de xullo #Cmin
A Executiva da CIG acorda pórse en contacto con CCOO e UGT de cara a "convocar conxuntamente as mobilizacións do 19 de xullo" contra os recortes
Fomento convoca de urxencia aos sindicatos para anunciarlles a privatización de Renfe en 2013. Adiántao Cinco Días.
O secretario provincial de Comisións Obreiras en Lugo, Jesús Castro, asegurou este venres que "probablemente" no mes de outubre se convocará unha folga xeral contra os recortes e a política económica do Goberno central. Castro afirma que "non hai outro camiño", xa que "a negociación rachou hai moito tempo"
A esta hora teñen lugar concentracións dos funcionarios públicos en todos os centros de traballo de España contra os recortes, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros. Na imaxe, o Hospital da Coruña, o CHUAC (via @telonnius)
A oposición siria pide unha "acción firme" da ONU, despois de denunciar a morte de 150 dos seus activistas en enfrontamentos co exército de Bashar Al-Assad