A oposición siria pide unha "acción firme" da ONU, despois de denunciar a morte de 150 dos seus activistas en enfrontamentos co exército de Bashar Al-Assad
Fálase
O arquitecto Santiago Calatrava responde ás críticas polos susbstanciosos honorarios que cobrou da Generalitat Valenciana pola Cidade das Artes. Atribúea a unha "manobra política dos comunistas". "Coa catedral de Santiago non se meten", engade. En Eldiario.es
O rei xa preside o Consello de Ministros, na súa primeira parte "deliberante". Prevese que o o Executivo de Mariano Rajoy aprobe esta mañá o groso do recorte anunciado o pasado mércores no Congreso.
Dúas responsábeis do Centro de Transfusións de Galicia viaxaron a Cancún para participar nun congreso de multinacionais da sanidade no que non finguran nin como poñentes nin como observadoras. Cóntao El País.
Alfonso Rueda, asume "o despacho de asuntos da Presidencia" durante "o tempo de duración" da viaxe de Alberto Núñez Feijóo a Sudamérica, iniciada a pasada madrugada.
La Información lembra que o Goberno central incumpriu a promesa feita aos autónomos, aos que lles asegurara que non ían ter que pagar o IVE até que realmente cobraran as facturas. Finalmente, o incremento de tres puntos vai pesar especialmente sobre eles, que o ano pasado tiveron que pagarlle a Facenda 800 millóns de euros polo IVE de facturas aínda non cobradas
López Obrador presentou esta noite un recurso ante o Tribunal Electoral para que se invaliden as eleccións mexicanas. O seu partido considera que o PRI superou o límite de gasto permitido pola lei electoral, mercou de forma ilegal espazos en televisión e coacciou os electores, "mercando 5 millón de votos"
Berlusconi será candidato a Primeiro Ministro nas eleccións de 2013, liderando o seu partido, o Pobo da Liberdade (PDL).
José María Castellano continúa o seu tour polos medios de comunicación para mellorar a devaluada imaxe de NGB. Nunha entrevista na Radio Galega afirma que "presentaremos unha solución polas preferentes. Un bo número deles recibirán os cartos".
Os clientes de NGB afectados polas preferentes rexeitan as "desculpas" pedidas polos directivos do banco. Esíxenlle a Novagalicia Banco que pase das “palabras bonitas aos feitos, devolvendo o cartos que obtiveron con esa grande estafa”.