López Obrador presentou esta noite un recurso ante o Tribunal Electoral para que se invaliden as eleccións mexicanas. O seu partido considera que o PRI superou o límite de gasto permitido pola lei electoral, mercou de forma ilegal espazos en televisión e coacciou os electores, "mercando 5 millón de votos"
Fálase
Berlusconi será candidato a Primeiro Ministro nas eleccións de 2013, liderando o seu partido, o Pobo da Liberdade (PDL).
José María Castellano continúa o seu tour polos medios de comunicación para mellorar a devaluada imaxe de NGB. Nunha entrevista na Radio Galega afirma que "presentaremos unha solución polas preferentes. Un bo número deles recibirán os cartos".
Os clientes de NGB afectados polas preferentes rexeitan as "desculpas" pedidas polos directivos do banco. Esíxenlle a Novagalicia Banco que pase das “palabras bonitas aos feitos, devolvendo o cartos que obtiveron con esa grande estafa”.
Comeza a circular por internet un vídeo na que a deputada do PP Andrea Fabra semella exclamar "que se jodan" no momento en que Mariano Rajoy anuncia o recorte das prestacións por desemprego no pleno do Congreso
Esta tarde arredor dun cento de persoas cortou o tráfico diante do Parlamento tras manifestárense polas rúas de Santiago contra os recortes
Jorquera ve "claro" que Feijóo "carece de autonomía política" tras cambiar a Xunta o sentido do seu voto no Consello de Política Fiscal e Financeira. O candidato do BNG á Xunta ve "patético" que o Goberno galego pasase da abstención a votar a favor do novo teito de déficit, e ve demostrado que o presidente obedece "ordes de Rajoy".
A galega Ana Peleteiro vén de proclamarse campiona do mundo junior de triple salto
A CIG ocupou este xoves simbolicamente as oficinas centrais da empresa concesionaria dos servizos da inspección técnica de vehículos para rexeitar o despedimento dun traballador en Bueu
Unha manifestación de traballadores públicos, formada esencialmente por bombeiros e policías de paisano, enfróntase aos antidisturbios no centro de Madrid. Cóntao Público.es