A CIG ocupou este xoves simbolicamente as oficinas centrais da empresa concesionaria dos servizos da inspección técnica de vehículos para rexeitar o despedimento dun traballador en Bueu
Fálase
Unha manifestación de traballadores públicos, formada esencialmente por bombeiros e policías de paisano, enfróntase aos antidisturbios no centro de Madrid. Cóntao Público.es
Galicia vota finalmente a favor do teito de déficit imposto ás comunidades autónomas, a pesar de que tiña pensado absterse. Si que se abstiveron dúas comunidades gobernadas polo PP, Castela e León e Extremadura, mentres que Andalucía, Asturias, Canarias e Catalunya votaron en contra
O persoal do Concello de Pontevedra celebrará mañá ás 11 "un paro en resposta" aos recortes do Goberno central, que "supoñen un novo ataque ás persoas en paro, dependentes e empregados públicos", din nun comunicado. A convocatoria está apoiada por UGT, CIG, CCOO e CSI-F.
Galicia abstense na votación do tope de déficit para as autonomías do Consello de Política Fiscal e Financeira. Outras dúas autonomías gobernadas polo PP, Castilla y León e Extremadura, optaron tamén pola abstención ante o novo límite, que o Goberno central fixa no 0,7% para 2013. Toda a información, esta tarde en Praza.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vai ser a encargada de organizar e convocar o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre, un evento que foi creado por primeira vez hai cinco anos por Igalia.
Esta noite estréase en Vigo o musical Galicia Canibal, coa movida viguesa como escenario e banda sonora. Estará esta fin de semana en Vigo, a que vén en Compostela e en agosto en Vilagarcía, A Coruña e Madrid. Volve ler a entrevista que lle fixemos a Quico Cadaval, director escénico.
Un software desenvolvido pola Universidade de Vigo recoñece evidencias de que hai miles de anos chegaron icebergs a Galicia. O programa aplica tecnoloxía médica á análise de sedimentos.
Rajoy presidiu este xoves a toma de posesión de Carlos Espinosa de los Monteros, vicepresidente de Inditex, como "alto comisionado para la Marca España"
Ao redor de 400 funcionarios concentráronse este mediodía en San Caetano para protestar contra as medidas anunciadas por Rajoy, e pedindo a comparecencia de Feijoo para que dese explicacións. Para este venres están convocados novos actos: unha asemblea ás 9.30 e unha concentración ás 12 do mediodía, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros que aprobará os recortes.