Esta noite estréase en Vigo o musical Galicia Canibal, coa movida viguesa como escenario e banda sonora. Estará esta fin de semana en Vigo, a que vén en Compostela e en agosto en Vilagarcía, A Coruña e Madrid. Volve ler a entrevista que lle fixemos a Quico Cadaval, director escénico.
Fálase
Un software desenvolvido pola Universidade de Vigo recoñece evidencias de que hai miles de anos chegaron icebergs a Galicia. O programa aplica tecnoloxía médica á análise de sedimentos.
Rajoy presidiu este xoves a toma de posesión de Carlos Espinosa de los Monteros, vicepresidente de Inditex, como "alto comisionado para la Marca España"
Ao redor de 400 funcionarios concentráronse este mediodía en San Caetano para protestar contra as medidas anunciadas por Rajoy, e pedindo a comparecencia de Feijoo para que dese explicacións. Para este venres están convocados novos actos: unha asemblea ás 9.30 e unha concentración ás 12 do mediodía, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros que aprobará os recortes.
Compromiso por Galicia anuncia os actos que convoca para o 25 de xullo, que terán como escenario o Parque de Bonaval, en Compostela. O acto político central terá lugar ás 12.30, ás 14.00 realizarase unha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres e pola tarde haberá debates, concertos e outras actividades.
#consellodaxunta Feijóo inicia mañá a súa viaxe a Sudamérica. Concretamente, desprazarase a Uruguai, Arxentina, ao Brasil, Colombia e "probablemente" a Venezuela. Estará "un día en cada país". "Ou nos movemos e vendemos fóra, ou teremos máis dificultades dentro", di, nunha viaxe que ten por obxectivo "buscar novas oportunidades" económicas para empresas galegas. Terá reunións empresariais, institucionais e "coa colectividade galega".
La Información publica un vídeo que amosa como se viviu a carga dos antidisturbios na entrada dos cines de Callao, onde a xente agardaba para ver unha película
#consellodaxunta A Xunta culmina a fusión da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Consorcio Audiovisual de Galicia
Os funcionarios que se concentraran ás doce en Madrid contra os recortes anunciados onte, veñen de cortar a Castellana (imaxe via @rairobledo)
#consellodaxunta O grupo musical Milladoiro, a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e os policías que rescataron varios mozos afogados na praia do Orzán da Coruña -a título póstumo-, Medallas de Ouro de Galicia 2012. Serán entregadas, como é tradicional, o vindeiro 25 de xullo en Santiago.