#consellodaxunta O grupo musical Milladoiro, a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e os policías que rescataron varios mozos afogados na praia do Orzán da Coruña -a título póstumo-, Medallas de Ouro de Galicia 2012. Serán entregadas, como é tradicional, o vindeiro 25 de xullo en Santiago.
Fálase
#consellodaxunta O Goberno galego aproba o decreto de taxas universitarias para o vindeiro curso. Na liña do acordado cos reitores, non sobe o prezo da primeira matrícula e as subas en segundas, terceiras e posteriores matrículas que decidiu o Executivo central aplicarase progresivamente en tres anos.
Un cliente de Novagalicia Banco difunde unha resposta á petición de "perdón" dos dirixentes da entidade
Persoal da Xunta concéntrase no interior de San Caetano en protesta polos #recortes
Castellano e González-Bueno piden "perdón" polas preferentes, os investimentos "pouco prudentes" e as indemnizacións das antigas caixas nunha rolda de prensa en Compostela. Castellano di estar a prol da comisión de investigación sobre as caixas no Parlamento galego e "confía" na devolución dos cartos ás persoas estafadas coas preferentes. Asegura que a idea de que boa parte delas non tiñan información abonda está "callando" nas autoridades. Máis información, nuns minutos en Praza
O xornal The Guardian inclúe este xoves un duro editorial contra os recortes do Goberno de Mariano Rajoy, a quen lle reprochan as súas "contradicións". Advirten ademais que non poderá apelar "indefinidamente" á "herdanza" de Zapatero.
"Enfrontamento sobre fondo de austeridade", titula o francés Le Figaro para narrar a xornada de anuncio dos recortes do Goberno de España
O ministerio de Fomento convoca para mañá unha visita a Vigo da ministra, Ana Pastor, para inaugurar a ampliación da súa terminal
Faro de Vigo salienta que CiU pide liquidar Bankia e vender CataluñaCaixa e Novagalicia Banco
El País publica unha sondaxe flash sobre os recortes anunciados onte por Rajoy. Un 62% dos cidadáns rexeita as medidas, mentres que o 21% as aproba. O máis criticado é a suba do IVE (83%), a redución da prestación por desemprego (80%) e o recorte aos funcionarios (77%). Porén, os cidadáns apoian a redución do número de concelleiros (90%), a limitación das achegas a partidos e sindicatos (80%) e a redución de moscosos para os traballadores públicos (57%)