O rei xa preside o Consello de Ministros, na súa primeira parte "deliberante". Prevese que o o Executivo de Mariano Rajoy aprobe esta mañá o groso do recorte anunciado o pasado mércores no Congreso.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fffe061c2719-20120713_consejo_ministros_05.jpg)
O rei xa preside o Consello de Ministros, na súa primeira parte "deliberante". Prevese que o o Executivo de Mariano Rajoy aprobe esta mañá o groso do recorte anunciado o pasado mércores no Congreso.
Dúas responsábeis do Centro de Transfusións de Galicia viaxaron a Cancún para participar nun congreso de multinacionais da sanidade no que non finguran nin como poñentes nin como observadoras. Cóntao El País.
Alfonso Rueda, asume "o despacho de asuntos da Presidencia" durante "o tempo de duración" da viaxe de Alberto Núñez Feijóo a Sudamérica, iniciada a pasada madrugada.
La Información lembra que o Goberno central incumpriu a promesa feita aos autónomos, aos que lles asegurara que non ían ter que pagar o IVE até que realmente cobraran as facturas. Finalmente, o incremento de tres puntos vai pesar especialmente sobre eles, que o ano pasado tiveron que pagarlle a Facenda 800 millóns de euros polo IVE de facturas aínda non cobradas
López Obrador presentou esta noite un recurso ante o Tribunal Electoral para que se invaliden as eleccións mexicanas. O seu partido considera que o PRI superou o límite de gasto permitido pola lei electoral, mercou de forma ilegal espazos en televisión e coacciou os electores, "mercando 5 millón de votos"
Berlusconi será candidato a Primeiro Ministro nas eleccións de 2013, liderando o seu partido, o Pobo da Liberdade (PDL).
José María Castellano continúa o seu tour polos medios de comunicación para mellorar a devaluada imaxe de NGB. Nunha entrevista na Radio Galega afirma que "presentaremos unha solución polas preferentes. Un bo número deles recibirán os cartos".
Os clientes de NGB afectados polas preferentes rexeitan as "desculpas" pedidas polos directivos do banco. Esíxenlle a Novagalicia Banco que pase das “palabras bonitas aos feitos, devolvendo o cartos que obtiveron con esa grande estafa”.
Comeza a circular por internet un vídeo na que a deputada do PP Andrea Fabra semella exclamar "que se jodan" no momento en que Mariano Rajoy anuncia o recorte das prestacións por desemprego no pleno do Congreso
Esta tarde arredor dun cento de persoas cortou o tráfico diante do Parlamento tras manifestárense polas rúas de Santiago contra os recortes