Pilar Rojo suspende o pleno do Parlamento, despois de que varios representantes do naval de Ferrol e dos traballadores da USC, convidados por AGE e BNG, fosen quen de acceder á tribuna de convidados do hemiciclo.

Pilar Rojo suspende o pleno do Parlamento, despois de que varios representantes do naval de Ferrol e dos traballadores da USC, convidados por AGE e BNG, fosen quen de acceder á tribuna de convidados do hemiciclo.
O PP resposta en Twitter á protesta dos grupos da oposición sentenzando que este será un "día non traballado e cobrado" para os e as representantes de PSdeG, AGE e BNG.
Os deputados e deputadas de PSdeG, AGE e BNG abandonan o pleno do Parlamento pola prohibición de que os grupos conviden a cidadanía ás sesións. Só permanecen os líderes dos grupos da oposición: Pachi Vázquez, Xosé Manuel Beiras e Francisco Jorquera. Máis información, esta mañá en Praza.
O alcalde de Ferrol carga contra Navantia polo veto ao dique flotante. "Síntome decepcionado e enganado; a dirección debe tomar algún tipo de responsabilidade", dixo nunha entrevista en RadioVoz, na que asegurou que lle "doía" que a decisión fose tomada por "directivos elixidos" polo seu partido.
O comercio vendeu un 6,8% menos en 2012. As vendas do comercio minorista rexistran a maior caída desde o comezo da crise e o emprego no sector caeu un 1,2%, encadeando catro anos de descensos, segundo datos do INE.
O 20% da poboación española con máis renda acumula case 7 veces máis ingresos que o quinto máis pobre. En 2005 era 5,5 veces máis.
Un cento de veciños de Bertamirán condena o ataque ás dúas mulleres
PSdeG-PSOE, AGE e BNG non acudirán aos plenos do Parlamento se se prohibe a presenza de convidados. Pactan enviar unicamente os seus portavoces ao pleno de hoxe.
A policía saca das instalacións de Navantia as autoridades que permanecían dentro ante as protestas dos traballadores, segundo informa a deputada do PSdeG Beatriz Sestayo. Responsables da SEPI, da empresa e da Consellería de Indusria, xunto aos alcaldes de Ferrol, Narón e Ares, mantíñanse no estaleiro, rodeado polos operarios desde a mañá. Oito furgóns de policía desprazáronse ata a zona.