Canto vai gastar a Xunta en pedir "solidariedade" coas contas públicas? Contámoscho en Praza praza.com/politica/47/fa…
— Praza Pública (@prazapublica) February 2, 2012
Fálase
O paro en Galicia afecta a máis de 270.000 persoas tras un incremento no mes de xaneiro de máis do 5%, por riba da media do Estado
Os sindicatos maioritarios en Novagalicia Banco piden unha reunión cos conselleiros do FROB para "coñecer as intencións que ten o Fondo Bancario respecto do futuro da empresa"
Rajoy, 'cachado' de novo cun micro aberto, desta volta nunha xuntanza con Artur Mas. "Vivo en el lío", confesou. Cóntao Público.
O Instituto Internacional de Finanzas (IIF, nas súas siglas en inglés) acaba de comunicar que o acordo entre Grecia e os acredores estará listo "en días" e que se aprobará a vindeira semana
O alcalde do Porto, Rui Rio, non morde a lingua. Nun almorzo informativo en Vigo non dubidou en afirmar que a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal é, sinxelamente, "unha merda"
Roberto Castro, recoñecido 'baltarista', será o novo subdelegado do Goberno central en Ourense. Isto obriga a un novo cambio no organigrama da Xunta, onde exercía ata agora de secretarío xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias (na imaxe, coa presidenta do Parlamento)
A Xunta asegura que a posta en marcha do eólico, que consideran posible, pode reducir o paro en Galicia en ata seis puntos
O PP continúa as homenaxes a Manuel Fraga. A próxima, o sábado ás 12:30 en Santiago, "con Mariano Rajoy á cabeza".