A conselleira de Sanidade considera un "drama" que o persoal sanitario teña soldo fixo. Rocío Mosquera aposta por unha reforma para pagarlle en función do "rendemento". Cóntao Faro de Vigo
Fálase
Ás 11.30 comezan as primeiras manifestacións deste 24 de outubro contra a Lei Wert. A bo seguro que soará esta canción
O paro baixa en 72.800 persoas, segundo os datos da EPA do terceiro trimestre. A cifra total de desempregados queda en 5.904.700 persoas, o 25,98% da poboación. O número de activos tamén descende, en máis de 33 mil persoas. En Galicia hai 277 mil parados, 11 mil menos que o mes pasado, pero 13 mil máis que hai un ano
Os traballadores de Navantia Ferrol manifestaranse a partir das 11 da mañá en demanda de carga de traballo. A marcha unirase á convocada contra a LOMCE
El Diario analiza por que o Partido Popular rexistrou un beneficio de 9,5 millóns de euros en 2012. A entrada no Goberno supúxolle un aforro en salarios
Un millón e medio de persoas rexistráronse na iniciativa La Fiesta del Cine para ir ás salas esta semana a prezos reducidos. A asistencia multiplica por cinco a habitual
El Diario lembra 15 frases de Wert que convidan á folga, dende "O noso interese é españolizar os alumnos cataláns" até "A educación pública deixou de contribuir á sociedade. Hai que centrarse na calidade", pasando por "A selectividade non funciona porque a pasan o 94% dos alumnos"
Un home vestido de crego irrompe na casa de Bárcenas cunha pistola e esixe "os discos duros e os pendrives". Cóntao El País.
O deputado de AGE David Fernández manterá a súa acta de no Parlamento ata a resolución do contencioso interno a conta da persoa que o substituirá. Recólleo Europa Press na súa web.
O PP frea na Eurocámara un informe orientado a garantir a educación sexual nas escolas. Os conservadores opóñense a preceptos sobre o uso de anticonceptivos ou o aborto, entre outros. En El Diario.