Un home vestido de crego irrompe na casa de Bárcenas cunha pistola e esixe "os discos duros e os pendrives". Cóntao El País.
Fálase
O deputado de AGE David Fernández manterá a súa acta de no Parlamento ata a resolución do contencioso interno a conta da persoa que o substituirá. Recólleo Europa Press na súa web.
O PP frea na Eurocámara un informe orientado a garantir a educación sexual nas escolas. Os conservadores opóñense a preceptos sobre o uso de anticonceptivos ou o aborto, entre outros. En El Diario.
O PP frea na Eurocámara un informe orientado a garantir a educación sexual nas escolas. Os conservadores opóñense a preceptos sobre o uso de anticonceptivos ou o aborto, entre outros. En El Diario.
Un emocionante vídeo repasa a mobilización da PAH en Salt (Girona), que a semana pasada conseguiu que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo aprazase o desaloxo de 43 persoas (21 delas, menores).
A Policía Autonómica dá por desmantelada unha organización dunhas doce persoas que "facilitaba as respostas" duns exames de Medio Ambiente a cambio de 5.000 euros. A intervención realizouse no Palacio de Congresos de Santiago o pasado sábado.
A comunidade educativa prepárase para a folga de mañá contra a LOMCE. Toda a información dos preparativos e razóns da mobilización, hoxe en Praza.
Xogadores do Celta de Vigo súmanse á campaña Gústame o galego, promovida pola Coordinadora de Traballadores e Traballadores de Normalización da Lingua.
Xa se pode ver o vídeo do Combate de Debuxantes celebrado na Coruña en agosto, e no que se impuxo Xurxo Penalta.
Xa está operativa a web de Tesouro de Corcoesto, o documental analiza os "novos ventos de extractivismo en Galicia a partir do caso da mina de ouro de Corcoesto"