O PP di que tomará "medidas" para evitar eleccións o 25 de decembro tras provocar esa coincidencia coa elección da data do debate de investidura, que remata este venres.
Fálase
PP e PSOE votan en contra do informe redactado pola empresa municipal Tussa que avalaba a viabilidade económica e legal da remunicipalización dos servizos de ORA e guindastre. O BNG abstívose. Compostela Aberta salienta que "os partidos da oposición están agora moi vixilantes, pero non o estiveron tanto cando se lle adxudicou o contrato á empresa SETEX Aparqui, malia a non cumprir co prego de condicións do concurso".
O pleno de Silleda aprobou por unanimidade a municipalización do servizo de auga, unha vez rematado o contrato que mantiña cunha empresa privada.
Bernardo Vergara dedica a súa viñeta de hoxe a Alberto Núñez Feijoo e as súas queixas polas referencias feitas por Pablo Iglesias á súa relación co narco Marcial Dorado.
O paro rexistrado baixou en 2.412 inscricións en Galicia en agosto, ata ficar nas 193.045 persoas anotadas nas oficinas de emprego, 20.687 menos que hai un ano. As afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 5.132 nese mes, o que supón un aumento interanual de 15.909.
O investigador da UDC Carlos Gómez, experto en linguaxe e informática, acada unha das prestixiosas bolsas Starting Grant para o seu proxecto Fastparse, para o que recibirá 1,5 millóns de euros nos vindeiros cinco anos.
O Consello Consultivo bota abaixo a opción defendida por Abel Caballero para recuperar o PXOM de 2008 por vía de urxencia, a través dun trámite ambiental que subsanase as eivas sinaladas polo Tribunal Supremo. O Concello de Vigo deberá levar a cabo o proceso de redacción dun novo plan dende o comezo, o que adiará a súa aprobación dous ou tres anos.
O 65% dos asasinatos a defensores e defensoras do medio ambiente prodúcese en América Latina, nomeadamente en Honduras e Guatemala, segundo un informe de Amnistía Internacional
A lucense Ana Pardo de Vera, nova directora de Público. Ata agora traballaba como correspondente política do xornal.
Tom Kucharz alerta nun artigo de que as críticas dos Gobernos de Alemaña e Francia ao TTIP son electoralistas e unha cortina de fume para aprobar o tratado comercial entre a Unión Europea e Canadá (CETA), o irmán pequeno do TTIP