A lucense Ana Pardo de Vera, nova directora de Público. Ata agora traballaba como correspondente política do xornal.
Fálase
Tom Kucharz alerta nun artigo de que as críticas dos Gobernos de Alemaña e Francia ao TTIP son electoralistas e unha cortina de fume para aprobar o tratado comercial entre a Unión Europea e Canadá (CETA), o irmán pequeno do TTIP
El Diario destaca que Pedro Sánchez lles "perde o medo ás terceiras eleccións", nas que confía que o PSOE pode mellorar os seus resultados
O PP de Ourense impugna a lista de En Marea por esa provincia pola inclusión como número 2 do ex-alcalde de Manzaneda, David Rodríguez. Argumenta que a súa renuncia ao cargo para poder ser candidato non foi aprobada polo pleno municipal no prazo legal. Este venres unha vista coa presenza de ambas partes resolverá a reclamación.
Pamplona exhumará os restos dos golpistas Mola e Sanjurjo para cumprir a Lei de Memoria Histórica, clausurando o Monumento aos Caídos. UPN, que gobernou a cidade na última década, eludiu aplicar a lexislación.
O lume achegouse este mércores a un núcleo habitado en Vilardevós. Outro incendio, en Oseira, queimou 170 hectáreas dende o luns.
A pesar da derrota de Rajoy na investidura, Pedro Sánchez é o protagonista das portadas da prensa de papel, que incrementan a presión sobre o PSOE para que permita gobernar ao PP.
O Congreso rexeita a investidura de Rajoy como presidente do Goberno. PP, Ciudadanos e Coalición Canaria suman só 170 votos a favor, fronte a 180 en contra e ningunha abstención. O venres pola tarde volverase votar. Mentres, xa comezou a contar o prazo para que, se en dous meses non hai investidura, se convoquen novas eleccións.
Dilma Rousseff, apartada definitivamente da presidencia do Brasil. Michel Tener continuará á fronte do goberno logo de triunfar o impeachment no Senado por 61 votos a favor.