Dos 3.000 millóns de débeda bancaria da compañía, máis de 1.430 están en mans de 58 entidades internacionais, o 47% do total.
Fálase
El Diario publica unhas "reflexións sobre Bangladesh e consumo responsable" realizadas por Julián Donoso, de Ayuda en Acción: "Se o consumidor quere produtos baratos, todos os esforzos da empresa van a proporcionar produtos baratos. Con todas as súas consecuencias"
O Goberno central publica na súa web o texto íntegro do Programa Nacional de Reformas, co paquete de recortes aprobado no Consello de Ministros da pasada semana.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese no Uruguai co presidente do país e aposta por "fortalecer as relacións" da Unión Europea co Mercosur
O único deputado de UPyD na Xunta Xeral (Parlamento) de Asturias suma sete asesores. Cóntao La Nueva España
A primeira web da historia cumpre 20 anos e recupera a súa url orixinal. O 30 de abril de 1993 o CERN oficializou nun documento que a tecnoloxía deseñada para a creación da World Wide Web era dende aquela de dominio público.
Tres traballos galegos participan no Documenta Madrid: as longametraxes Fóra (Xan Gómez e Pablo Cayuela) e Avión, o pobo ausente (Marcos Hervera e María Hervera) e a curtametraxe A Conserveira.
Esta mañá celebrouse unha concentración na Coruña, na praza da Palloza e diante da sede da empresa Hidralia, para denunciar "a vulneración dos dereitos humanos que está a practicar Hidralia Energía en Guatemala". Máis información, nuns minutos en Praza.
A deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez comparece xunto a ERC e Amaiur a prol do dereito de autodeterminación
O Comité Europeo para a Prevención da Tortura denuncia malos tratos en cárceres, comisarías e centros de internamento de estranxeiros no Estado español. Cóntao El Diario.