O único deputado de UPyD na Xunta Xeral (Parlamento) de Asturias suma sete asesores. Cóntao La Nueva España
Fálase
A primeira web da historia cumpre 20 anos e recupera a súa url orixinal. O 30 de abril de 1993 o CERN oficializou nun documento que a tecnoloxía deseñada para a creación da World Wide Web era dende aquela de dominio público.
Tres traballos galegos participan no Documenta Madrid: as longametraxes Fóra (Xan Gómez e Pablo Cayuela) e Avión, o pobo ausente (Marcos Hervera e María Hervera) e a curtametraxe A Conserveira.
Esta mañá celebrouse unha concentración na Coruña, na praza da Palloza e diante da sede da empresa Hidralia, para denunciar "a vulneración dos dereitos humanos que está a practicar Hidralia Energía en Guatemala". Máis información, nuns minutos en Praza.
A deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez comparece xunto a ERC e Amaiur a prol do dereito de autodeterminación
O Comité Europeo para a Prevención da Tortura denuncia malos tratos en cárceres, comisarías e centros de internamento de estranxeiros no Estado español. Cóntao El Diario.
Dolors Camats e Joan Herrera, coordinadores de ICV, escriben un artigo en El Diario, A los hombres y mujeres que quieren una alternativa para cambiarlo todo, no que apostan por conformar unha fronte ampla de esquerdas, "un instrumento mellor, máis unitario e amplo, máis útil e con posibilidade de abrir un escenario para cambialo todo"
A Junta de Andalucía aproba hoxe o decreto que garante tres comidas ao día aos nenos e nenas sen recursos económicos. En Infolibre.
O empate do Deportivo co Betis (1-1) manteno fóra do descenso, aínda que só cun punto de marxe. Riki marcou para os galegos e Molina empatou para os andaluces.
O INE avanza que a economía española caeu o 0,5% no primeiro trimestre, tan só tres décimas menos que nos tres meses anteriores.