Dolors Camats e Joan Herrera, coordinadores de ICV, escriben un artigo en El Diario, A los hombres y mujeres que quieren una alternativa para cambiarlo todo, no que apostan por conformar unha fronte ampla de esquerdas, "un instrumento mellor, máis unitario e amplo, máis útil e con posibilidade de abrir un escenario para cambialo todo"
Fálase
A Junta de Andalucía aproba hoxe o decreto que garante tres comidas ao día aos nenos e nenas sen recursos económicos. En Infolibre.
O empate do Deportivo co Betis (1-1) manteno fóra do descenso, aínda que só cun punto de marxe. Riki marcou para os galegos e Molina empatou para os andaluces.
O INE avanza que a economía española caeu o 0,5% no primeiro trimestre, tan só tres décimas menos que nos tres meses anteriores.
Vén de rexistrarse nas Azores un potente terremoto, de 6 graos na escala Richter. O epicentro situouse a 60 quilómetros ao leste de Ponta Delgada
A CIG propón a convocatoria dunha folga comarcal en Ferrolterra antes do verán
Allariz acolle este martes os actos conmemorativos do 50 aniversario do falecemento de Vicente Risco.
Botín freou a dimisión de Sáenz en marzo de 2011, despois do primeiro revés do Tribunal Supremo. O Banco de España comunicoulle o pasado martes ao Santander a súa negativa a salvar o tocado Alfredo Sáenz
Unha nova plataforma do PSOE busca apoios para un partido “máis de esquerdas e máis democrático”. O movemento que impulsan Luis Salvador, Odón Elorza, Luis Ángel Hierro, Jesús Cuadrado ou Beatriz Talegón prepara un manifesto e un libro para mediados de maio
O PP insiste en pedir a dimisión de Beiras. "Seguimos pedíndoa agora que agrava a súa escalada de insultos", di o partido na súa conta de Twitter.