Elena Valenciano será designada candidata do PSOE ás europeas. Avánzao El Diario.

Elena Valenciano será designada candidata do PSOE ás europeas. Avánzao El Diario.
Milleiros de persoas esixen en Vigo que non vaian á cadea os dous sindicalistas condeados por participar nun piquete informativo na folga do transporte de 2008.
Unha enquisa de Metroscopia para El País amosa a PP e PSOE nun empate técnico cara a unhas eventuais eleccións xerais.
Faro de Vigo analiza que PP e PSOE "evitan atacarse" no caso Pokémon polas presuntas implicacións de membros de ambos partidos.
O CD Lugo imponse por 1-0 ao Zaragoza no Anxo Carro. (foto: @Xoan_Xose)
O BNG aposta por unha alianza con EH-Bildu e as CUP para as eleccións europeas. A información, esta tarde en Praza.
A infanta Cristina xustifica a súa actuación no caso Nóos alegando "confianza" no seu home, Iñaki Urdangarín. A información sobre a declaración xudicial da filla do rei, en El Diario.
Beiras, Vence, Pérez Bouza e Subiela debaten esta tarde sobre o futuro do nacionalismo galego en Compostela. Farano no marco da xornada de homenaxe ao político noiés Xoán Manuel Rama Trillo, falecido o pasado ano.
A veciñanza do barrio compostelán de Galeras comeza a mobilizarse na defensa do seu parque, que o Concello quere atravesar cunha rotonda e un vial de acceso a un aparcadoiro privado. A información, hoxe en Praza.