A veciñanza do barrio compostelán de Galeras comeza a mobilizarse na defensa do seu parque, que o Concello quere atravesar cunha rotonda e un vial de acceso a un aparcadoiro privado. A información, hoxe en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52f621b48e044-bf8-yroiiaabxrz.jpg)
A veciñanza do barrio compostelán de Galeras comeza a mobilizarse na defensa do seu parque, que o Concello quere atravesar cunha rotonda e un vial de acceso a un aparcadoiro privado. A información, hoxe en Praza.
El Diario ofrece unha ferramenta para calcular as comisións que cobran as principais entidades bancarias.
El País está a transmitir ao vivo dende a porta dos xulgados de Palma, onde a infanta Cristina declara hoxe como imputada por fraude fiscal e branqueo no marco do caso Nóos. Pódese seguir nesta ligazón. El Diario tamén está a informar en directo.
O alcalde da Coruña sae na defensa do seu número dous, Julio Flores, imputado no caso Pokémon. Cóntao Faro de Vigo.
Un funcionario culpa a Baltar da fraude nas axudas europeas. Cóntao El País
A Garda Civil recoñece que expulsou inmediatamente a Marrocos inmigrantes que saían da auga. A Lei de Extranxeiría prohíbe devolver a través da fronteira a persoas que entraran xa en territorio español, pero a Garda Civil di que os seus corpos son a fronteira: "Para estar en España teñen que superarme a min"
Os consellos asesores de RTVE-G e da CRTVG convocan unha nova edición do Premio de Publicidade en Galego, aberto a todos anuncios inseridos en televisión, radio e internet durante o ano 2013.
Un ex dirixente das Novas Xeracións do PP en Catalunya envía "á ducha" a un grupo de manifestantes a prol do dereito ao aborto e dille a unha que é "moi fea", polo que, se cadra, "abortaríante por malformación". Segundo o PP, "esa persoa" non é membro da súa organización xuvenil.
O presidente de Pescanova, Juan Manuel Urgoiti, afirma que a situación da empresa é "crítica" e alerta de que podería entrar "en liquidación" o 28 de febreiro se accionistas e acreedores non chegan a un acordo de viabilidade antes desa data.
Feijóo sentencia que "no hay constancia en las Sagradas Escrituras, pero el Arca pudo hacerse en un lugar próximo a Ferrol". Díxoo durante a recepción aos responsables de Pemex, que aseguran estar a valorar novas encargas para Navantia. En El Correo Gallego