O presidente de Pescanova, Juan Manuel Urgoiti, afirma que a situación da empresa é "crítica" e alerta de que podería entrar "en liquidación" o 28 de febreiro se accionistas e acreedores non chegan a un acordo de viabilidade antes desa data.
Fálase
Feijóo sentencia que "no hay constancia en las Sagradas Escrituras, pero el Arca pudo hacerse en un lugar próximo a Ferrol". Díxoo durante a recepción aos responsables de Pemex, que aseguran estar a valorar novas encargas para Navantia. En El Correo Gallego
O abandeirado do equipo español nos Xogos Olímpicos de Inverno recoméndalles aos deportistas homosexuais "que se corten un pouco estes días" para "respectar" as leis homófobas de Rusia. En El Mundo.
PSdeG, AGE e BNG abandonan a comisión de Sanidade para protestar polo veto do PP á comparecencia da conselleira, Rocío Mosquera, sobre o ascenso do seu marido no hospital de Santiago, anulado polo TSXG.
A Plataforma Salvemos Cabana propón crear unha Reserva da Biosfera no río Anllóns, comezando por catalogar este esteiro fluvial como Reserva Natural Protexida.
O doodle de Google de hoxe amosa o seu apoio á comunidade LGBT en Rusia e os deportistas homosexuais con motivo dos polémicos Xogos Olímpicos de Sochi. Na propia competición Alemaña protestou contra a persecución que sofren os gais en Rusia cun uniforme coas cores do arco da vella, e tamén Canada difundiu un vídeo alusivo.
O xornal portugués Público analiza a posibilidade de que a selección española de fútbol xogue en Bilbao no caso de que a Eurocopa de 2020 se celebre no Estado español. O equipo non protagoniza un partido en Euskadi dende 1967.
A de hoxe é unha nova xornada de temporal en Galicia, con alerta amarela en terra e laranxa no mar. Con todo, a Consellería de Educación deixa nas mans dos centros a decisións de suspender ou non as clases.
Interior usou material antidisturbios contra o grupo de inmigrantes que tentaban entrar en Ceuta, episodio no que morreron, cando menos, once persoas. En El Diario.
Unha delegación de Pemex visita este venres Ferrol e Vigo para formalizar os contratos dos floteis con Navantia e Barreras. Feijóo preside a "recepción" aos directivos no Concello ferrolán e o "o acto de corte de chapa" no estaleiro vigués, segundo informa a Xunta.