Un funcionario culpa a Baltar da fraude nas axudas europeas. Cóntao El País
Fálase
A Garda Civil recoñece que expulsou inmediatamente a Marrocos inmigrantes que saían da auga. A Lei de Extranxeiría prohíbe devolver a través da fronteira a persoas que entraran xa en territorio español, pero a Garda Civil di que os seus corpos son a fronteira: "Para estar en España teñen que superarme a min"
Os consellos asesores de RTVE-G e da CRTVG convocan unha nova edición do Premio de Publicidade en Galego, aberto a todos anuncios inseridos en televisión, radio e internet durante o ano 2013.
Un ex dirixente das Novas Xeracións do PP en Catalunya envía "á ducha" a un grupo de manifestantes a prol do dereito ao aborto e dille a unha que é "moi fea", polo que, se cadra, "abortaríante por malformación". Segundo o PP, "esa persoa" non é membro da súa organización xuvenil.
O presidente de Pescanova, Juan Manuel Urgoiti, afirma que a situación da empresa é "crítica" e alerta de que podería entrar "en liquidación" o 28 de febreiro se accionistas e acreedores non chegan a un acordo de viabilidade antes desa data.
Feijóo sentencia que "no hay constancia en las Sagradas Escrituras, pero el Arca pudo hacerse en un lugar próximo a Ferrol". Díxoo durante a recepción aos responsables de Pemex, que aseguran estar a valorar novas encargas para Navantia. En El Correo Gallego
O abandeirado do equipo español nos Xogos Olímpicos de Inverno recoméndalles aos deportistas homosexuais "que se corten un pouco estes días" para "respectar" as leis homófobas de Rusia. En El Mundo.
PSdeG, AGE e BNG abandonan a comisión de Sanidade para protestar polo veto do PP á comparecencia da conselleira, Rocío Mosquera, sobre o ascenso do seu marido no hospital de Santiago, anulado polo TSXG.
A Plataforma Salvemos Cabana propón crear unha Reserva da Biosfera no río Anllóns, comezando por catalogar este esteiro fluvial como Reserva Natural Protexida.
O doodle de Google de hoxe amosa o seu apoio á comunidade LGBT en Rusia e os deportistas homosexuais con motivo dos polémicos Xogos Olímpicos de Sochi. Na propia competición Alemaña protestou contra a persecución que sofren os gais en Rusia cun uniforme coas cores do arco da vella, e tamén Canada difundiu un vídeo alusivo.