Fálase
O CD Lugo imponse por 1-0 ao Zaragoza no Anxo Carro. (foto: @Xoan_Xose)
O BNG aposta por unha alianza con EH-Bildu e as CUP para as eleccións europeas. A información, esta tarde en Praza.
A infanta Cristina xustifica a súa actuación no caso Nóos alegando "confianza" no seu home, Iñaki Urdangarín. A información sobre a declaración xudicial da filla do rei, en El Diario.
Beiras, Vence, Pérez Bouza e Subiela debaten esta tarde sobre o futuro do nacionalismo galego en Compostela. Farano no marco da xornada de homenaxe ao político noiés Xoán Manuel Rama Trillo, falecido o pasado ano.
A veciñanza do barrio compostelán de Galeras comeza a mobilizarse na defensa do seu parque, que o Concello quere atravesar cunha rotonda e un vial de acceso a un aparcadoiro privado. A información, hoxe en Praza.
El Diario ofrece unha ferramenta para calcular as comisións que cobran as principais entidades bancarias.
El País está a transmitir ao vivo dende a porta dos xulgados de Palma, onde a infanta Cristina declara hoxe como imputada por fraude fiscal e branqueo no marco do caso Nóos. Pódese seguir nesta ligazón. El Diario tamén está a informar en directo.
O alcalde da Coruña sae na defensa do seu número dous, Julio Flores, imputado no caso Pokémon. Cóntao Faro de Vigo.
Un funcionario culpa a Baltar da fraude nas axudas europeas. Cóntao El País