Asociacións culturais de Lugo diríxense esta mañá á Fiscalía nos xulgados da cidade para instala a facer cumprir a Lei de Patrimonio e impedir que a autovía A-54 arrase o xacemento arqueolóxico de Coeses, único no mundo. Os mesmos colectivos xa puxeron o asunto en coñecemento da Unesco.
