Este martes preséntase en Berlín o Movemento pola Democracia en Europa - 2025 (DiEM25), liderado polo exministro de Finanzas grego, Yanis Varoufakis. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, participan nuns actos que culminarán ás 20.30 cunha gran presentación pública
Fálase
A CNT convoca este mércores unha concentración en Compostela para pedir a liberdade dos dous integrantes das compañía Títeres desde Abajo acusados de enaltecemento do terrorismo por representar unha obra en Madrid. Será ás 20 horas na Praza de Cervantes.
A dimisión dos deputados e do senador de En Marea e de sete membros maís aboca a dirección de Podemos-Galicia á disolución. O partido terá que elixir agora nova directiva tras a crise aberta polas destitucións decididas polo actual secretario xeral, Breogán Riobóo.
Os grupos do Congreso acordan redistribuír os escanos a petición de Podemos, cuxos membros protestaran por ser enviados "ao poleiro".. Este é o novo reparto
A exministra de Economía Elena Salgado intégrase no consello de administración de Nueva Pescanova. Recólleo Faro de Vigo
Unha persoa morta e varias feridas en Vigo por unha explosión de butano nunha vivenda. Recólleo Europa Press
VÍDEO "Entroido" ou "antroido"? O académico Antón Santamarina explica dende o Portal das palabras cal é a verba máis recomendable en galego para se referir a estas festas.
O PP tentou promover que a Casa Real propiciase novas eleccións sen encargarlle a ninguén a investidura, segundo fontes que cita o diario El Mundo
O avogado do 'narco' Marcial Dorado valora recorrer ao Constitucional tras confirmar o Supremo a condena a 6 anos de cárcere por branqueo. Recólleo Faro de Vigo
O temporal deixa múltiplas incidencias en Galicia durante a noite. A alerta laranxa mantense no litoral e a amarela, en terra, segundo informa Meteogalicia