O PP tentou promover que a Casa Real propiciase novas eleccións sen encargarlle a ninguén a investidura, segundo fontes que cita o diario El Mundo
Fálase
O avogado do 'narco' Marcial Dorado valora recorrer ao Constitucional tras confirmar o Supremo a condena a 6 anos de cárcere por branqueo. Recólleo Faro de Vigo
O temporal deixa múltiplas incidencias en Galicia durante a noite. A alerta laranxa mantense no litoral e a amarela, en terra, segundo informa Meteogalicia
O inicio das negociacións da investidura mellora as expectativas electorais de PSOE e Ciudadanos, segundo unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es que mantén os 6 escanos de En Marea
VÍDEO O mar xa reborda por mor do temporal en diversos puntos da costa galega, como na Coruña ou Viveiro (no vídeo). O litoral da Coruña está en alerta vermella e o resto da costa galega, en alerta laranxa.
A Xunta destina 9 millóns de euros a mercar parte das accións de Reganosa das que se desprende Gas Natural Fenosa. O Goberno defende que a regasificadora é así "máis galega".
UGT e CCOO saíron á rúa en varias cidades e vilas galegas polo dereito á folga. Critican o "retroceso inaceptable das liberdades públicas e das vías de participación democrática"
O pleno do Concello de Ourense aproba a reprobación do alcalde, promovida por Democracia Ourensana. "Teñen nas súas mans a moción de censura", di o rexedor popular tras a aprobación da iniciativa, que non é vinculante.
Raquel Arias tamén aspirará á presidencia do PP de Lugo xunto a Elena Candia logo da marcha anunciada de Barreiro.
Telefónica pon en marcha a fichaxe de Trinidad Jiménez, segundo conta El Mundo. González e Zapatero apoiarían a entrada da ex ministra na compañía.