A web do Ministerio de Sanidade retirou durante días unha estatística que recollía a redución do número de interrupcións coa lei de prazos aprobada polo PSOE.
Fálase
Virginia Uzal entrevista en Público cinco estudantes aos que o Ministerio de Educación lles denegou a bolsa "a pesar de cumprir os requisitos": "Estou disposto a unha folga de fame para conseguir a bolsa á que teño dereito"
Montse Dopico entrevista Roi Vidal, que vén de gañar o certame Concello de Carral de poesía con Teatro: “Non arriscar fai que moita xente acabe asociando teatro galego a humor chocalleiro”
A xornalista Patricia Hermida analiza en El Correo por que o franquismo segue a ser un "tabú" en Ferrol e a permanencia de símbolos da ditadura na cidade que foi, por outra banda, pioneira no inicio da súa eliminación.
Pecha o centro comercial Dolce Vita, na Coruña, malia ás expectativas que apostaban por transformalo nun centro de ocio nocturno. Así e todo, Galicia seguirá contando con máis de 40 grandes superficies que ocupan máis de 900.000 metros cadrados.
A comunidade galega que traduce Ubuntu logra situar o galego no máis alto da clasificación de traducións, co 100% dos contidos na nosa lingua. Cóntao O meu Ubuntinho
A Xunta achegoulle 30.000 euros á canle televisiva da Igrexa, 13 TV, para a "promoción do turismo galego". A emisora apenas supera o 1% de audiencia en todo o Estado.
Remata na Coruña o acto do BNG na defensa do dereito ao aborto, na que a organización nacionalista presentou tamén a súa campaña para rexeitar a contrarreforma da actual lei.
Xa se está a desenvolver na Coruña o acto O 21 todos contra o 21, que denuncia a suba do IVE cultural. Toda a información, hoxe en Praza.
A Unió de Periodistes da Comunitat Valenciana denuncia o incremento das presións a TVE por parte do Goberno autonómico tras o peche de Canal 9. A organización profesional coida que o Executivo do PP tenta que a canle estatal substitúa a desaparecida autonómica. En El Diario.