IU confirma a súa candidatura ás europeas, con Anova no quinto posto.
Fálase
O BNG celebra hoxe en Castro de Rei un encontro co sector agrograndeiro no marco da precampaña para as eleccións europeas. No acto o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, advertiu de que o sector "perde 308 millóns de euros no reparto das axudas da PAC para o período 2014-2020, debido aos criterios do Goberno central que manteñen unhas regras de xogo que prexudican a Galiza"
Willy Meyer perfílase para recuncar como candidato de IU ás europeas, nunha candidatura na que o quinto posto sería para Anova e o sétimo, para o galego Javier Couso. É a proposta que abordará o Consello Político da coalición este sábado, segundo detalla El Diario
ETA asegura nun comunicado publicado por Naiz que o acordo coa Comisión Internacional de Verificación contempla "selar ata o último arsenal" de armamento.
A Fiscalía pedirá 9 de anos de inhabilitación para sete dos 13 edís do equipo de Goberno de Santiago, que pretenderon pagar con cartos públicos o avogado a un compañeiro de gabinete imputado na Pokémon
A metade dos españois non seguiu por ningún medio o debate sobre o estado da nación desta semana, e entre quen si o fixeron, un de cada dous afirma que foi "pouco ou nada interesante", segundo o CIS. O 36% di que nin Rajoy nin Rubalcaba se poden considerar "gañadores".
Ao redor de dous mil profesionais da sanidade asinan un manifiesto contra a reforma da lei do aborto, que será remitido ao Ministerio de Xustiza. Un dos asinantes do texto sinala que restrinxir o dereito á interrupción do embarazo supón tratar as mulleres de "inmaduras" e "estigmatizar o aborto, que é unha práctica absolutamente normalizada"
O PP de Santiago négase a debater sobre a Pokémon e reduce as revelacións do sumario a "chismes". No pleno municipal a voceira do Concello e o alcalde acabaron pedíndolle explicacións ao voceiro do BNG, Rubén Cela, pola súa xestión no Goberno bipartito da Xunta.
Unha asociación de gardas civís anuncia que denunciará a comisaria europea de Interior por vincular o Instituto Armado á morte de persoas migrantes en Ceuta. A Unión de Gardas Civís aproveita tamén para saír na defensa do director do Instituto Armado, Arsenio Fernández de Mesa. En El Diario