O tren Vigo-Barcelona é tres horas máis rápido vía Madrid que directo. O ferrocarril polo norte tarda 14 horas fronte ás álgo máis de 10 con transbordo ao AVE. Cóntao Faro de Vigo.

O tren Vigo-Barcelona é tres horas máis rápido vía Madrid que directo. O ferrocarril polo norte tarda 14 horas fronte ás álgo máis de 10 con transbordo ao AVE. Cóntao Faro de Vigo.
Alerta laranxa en Galicia este domingo polo temporal Ana. Agárdanse ventos de 120 km/h e fortes chuvias, sobre todo pola tarde, xa se suspenderon numerosas actividades ao aire libre.
Os institutos Lucus Augusti e Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo, xa non teñen escudos franquistas. A Xunta retira a simboloxía que estaba a incumprir a Lei de Memoria Histórica.
Un dos 12 rapeiros do grupo La Insurgencia (cinco deles vigueses) condenados a dous anos de cárcere por un delicto de enaltecemento do terrorismo fai un chamamento ao mundo do hip-hop e á sociedade en xeral para que denuncien o seu caso.
Milagros Otero nega nunha entrevista concedida a Europa Press ser "a Valedora do PP". Dende a súa designación, vén recibindo críticas das forzas da oposición e de entidades sociais, por exemplo pola súa actuación en relación coas persoas sen fogar ou polo seu tratamento a gobernos municipais de esquerda.
Juncker e May acadan un primeiro acordo sobre o Brexit. Pactan que europeos/as no Reino Unido e británicos/as na UE manteñan os seus dereitos, que non haxa unha fronteira "dura" con Irlanda e que Londres pague os compromisos financeiros adquiridos
O mozo que foi condenado en decembro de 2015 por agredir a Mariano Rajoy en Pontevedra sairá en liberdade o vindeiro venres, informa PontevedraViva, cando está a piques de cumprir dous anos de internamento nun centro de menores. Permanecerá aínda un ano máis en situación de liberdade vixilada.
Veñen de comezar os traballos de retirada dos símbolos franquistas do instituto Lucus Augusti de Lugo. A medida foi aprobada o pasado ano no Parlamento por unanimidade
Unha campaña do Foro Enrique Peinador, coa colaboración da Xunta, anima á cidadanía a consumir produtos etiquetados en galego este nadal
O primeiro debate televisado das eleccións catalás, emitido onte a través de TVE, estivo caracterizado pola polarización entre independentistas e non independentistas