O ICANN aprobará o dominio .gal proximamente, segundo anuncia a axencia EFE, aínda que a confirmación podería demorarse uns meses. Toda a información, nesta mañá en Praza.
Fálase
Tres demandas contra o FROB dos accionistas do Banco Gallego. Solicitan a nulidade dos acordos adoptados na xunta xeral extraordinaria de xaneiro.
España recada 80.000 millóns de euros menos que Grecia, a pesar da suba de impostos. Os tipos impositivos en España son dos máis elevados de Europa, pero recada menos que calquera pais da UE.
Os traballadores de RNE acusan de "falta de neutralidade" á dirección da emisora e cúlpana do descenso de audiencia experimentado no último ano: un 32%
Eduardo Madina asegura que se atopa nun momento de reflexión e sobre a súa posible candidatura a liderar o PSOE afirma que "xa se verá, non estou nin no si nin no non"
O Goberno négase a dar explicacións sobre a amnistía fiscal. O Executivo elude unha batería de preguntas parlamentarias do PSOE coa excusa de que o ministro xa dera as explicacións oportunas
Un proxecto mineiro de prata, chumbo e ouro ameaza dúas reservas da Biosfera (Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño), na Fonsagrada, Baralla, Baleira e Becerreá.
Bruxelas ofrécelle a España dous anos máis para reducir o déficit ao 3%. España pechou 2012 co meirande déficit da UE: o 10,6% do PIB
Un gol de Mario Bermejo no minuto 92 dálle a vitoria ao Celta ante o Zaragoza 2-1. Os celestes sitúanse a dous puntos da salvación: Osasuna (32), Deportivo (30), Granada (29), Mallorca (28), Celta (27), Zaragoza (27).
A chanceler alemá, Angela Merkel censura que "cada país queira seguir o seu camiño" e reclama que os Estados cedan soberanía para saíren da crise. Recólleo a Cadena SER