As polítícas de austeridade e o rescate levarán este ano a economía portuguesa a caer case un 3% no seu terceiro ano de recesión.

As polítícas de austeridade e o rescate levarán este ano a economía portuguesa a caer case un 3% no seu terceiro ano de recesión.
Os sindicatos europeos preparan xa unha folga xeral na UE o vindeiro 14 de novembro. Faríana coincidir así co paro convocado xa en Portugal e na data que pretenden as centrais estatais.
Un coronel do Exército pide que se declare o estado de guerra en Catalunya. Leopoldo Muñoz Sánchez, presidente da AME, pide deter así o "proceso separatista" nunha entrevista nunha canle holandesa.
Alertan contra as negociación de CETA (Comprehensive Economic and Trade Agreement), un tratado que poderia aprobar a UE e que inclúe sancións e criminaliza o feito de compartir arquivos dixitais sen ánimo de lucro ou facer remixes
A ONG Acción contra el Hambre denuncia "a ditadura da fame" a través dun video inspirado en O Gran Ditador. A entidade alerta de que 10 mil nenos morren cada día por mor da desnutrición.
Traballadoras de Alfageme en Ribadumia péchanse no Concello de Vilagarcía para esixir a venda inmediata da fábrica
Ramón Maiz escribe en El País Las razones del federalismo no que afirma que "a vía evolutiva a través de los Estatutos foi clausurada polo propio TC" e que "a opción federal non é unha panacea, senón un programa que pode prover un horizonte razoable para una maioría de españois"
Un Obama máis agresivo derrota a Romney no segundo debate da campaña presidencial norteamericana. A CNN outórgalle un 46% ao demócrata e un 39% a Romney.
A bolsa dispárase e a prima de risco baixa ao dar por feito os mercados que o rescate a España é inminente
A Xunta Electoral decide que a ETB non pode excluír a EB e UPyD dun debate. Deberán ser incluídos no acto que se celebrará este mércores xunto a PNV, EH Bildu, PP e PSOE.