Oxfam afirma que a Taxa Tobin fará que os movementos a paraísos fiscais deixen pegada e cre que se o imposto se aplicase con toda a súa potencia en España, se poderían chegar a recadar até 5.000 millóns de euros
Fálase
"Unha boa regulamentación da dación en pagamento non leva ningún banco á quebra". Miquel Sàmper, adxunto á presidencia do Consello Xeral da Avogacía Española, sostén que o Goberno non fixo o suficiente fronte aos desafiuzamentos.
Grecia aproba unha lei que lle permitirá despedir 15.000 empregados públicos. A medida forma parte do novo paquete de axustes acordados coa troika para recibir o novo treito do rescate
Rajoy coida que o cambio das súas previsións económicas "dan credibilidade". "O goberno sabe o que fai", reitera.
Rajoy asegura que as súas decisións "non teñen outro obxectivo que crear emprego" pero "esta é unha situación difícil", argumenta na súa rolda de prensa xunto ao primeiro ministro irlandés. "O importante é saber o que hai que facer", evidencia.
Resultados da Terceira División galega
As Somozas 0-2 Ordes
Celta B 2-0 Dorneda
Pontevedra CF 2-0 Racing Ferrol
Narón 1-3 Vilalonga FC
Cerceda 1-2 Alondras
Bergantiños 2-0 As Pontes
Céltiga 0-4 Betanzos
Racing Vilalbés 2-0 Rápido de Bouzas
Barbadás 0-1 Compostela
Negreira 0-4 Deportivo B
Ruiz-Gallardón ratifica que a reforma da lei do aborto na que traballa elimina a malformación do feto como suposto para que unha muller poida interromper voluntariamente o seu embarazo dentro da legalidade. Asegúrao nunha entrevista en El País.
O PP carga contra Beiras en Twitter por non sumarse ao seu plan de recortar escanos no Parlamento. Nunha entrevista na Cadena SER o voceiro da AGE considerou que os conservadores procuran tender unha "cortina de fume" sobre as fotos de Feijóo e Dorado.
Xavier Vence chama, na homenaxe do BNG aos Mártires de Carral, a "rebelarse na defensa das clases populares e a soberanía", "como xa fixeron" os protagonistas da revolta de 1846.
Javier Arenas erixe o PP en partido "progresista" e asegura que "se rebela cada venres" coas decisións do Consello de Ministros. Recólleo a Cadena SER