Israel amplía o alistamento militar obrigatorio para os seus cidadáns. Até agora estaban exentos de incorporarse ao exército os ultraortodoxos e os árabes, que agora tamén terán que facelo
Fálase
Xa se pode ver en youtube a montaxe cos filmes favoritos de Agustín Fernández Paz que se proxectou o sábado pasado na homenaxe que recibiu en Vigo.
A inclusión das traballadoras domésticas no Réxime Xeral da Seguridade Social foi "un fracaso", para EconomíaDigital, que asegura que ao redor de 350 mil persoas regularizaron a súa actividade, pero que pode quedar entre medio millón e un millón sen facelo. As causas poden estar na complexidade burocrática, a falta de acordo sobre quien asume as cotas, ou na situación irregular de moitos dos traballadores.
A reforma laboral entra hoxe en vigor, despois de publicarse onte no BOE. Inclúe a indemnización de 20 días por ano traballado no caso de que a empresa teña ou espere perdas e o polémico contrato de formación.
A partir das dez e cuarto ten lugar na Catedral de Santiago a cerimonia pola que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, escenificará o regreso do Códice Calixtino ao Arcebispo e ao lugar do que foi roubado. No acto, que terá lugar aa sala Sinodal do Pazo de Xelmírez, participarán tamén Alberto Núñez Feijoo, Plar Rojo ou Jesús Vázquez.
Unha marcha lembra en Londres o 40 aniversario das primeiras mobilizacións polos dereitos LGBT
Kofi Annan recoñece nunha entrevista en Le Monde que a misión da ONU en Siria "fracasou"
Esquerda Unida levará o escándalo de Reganosa á Fiscalía Anticorrupción do Estado. O Comité Cidadán mantivo unha xuntanza do deputado José Luis Centella para informalo sobre as últimas novidades sobre o proceso xudicial aberto contra a planta. EU presentará este mes mocións nos concellos da comarca para que os distintos partidos políticos se posiciones sobre a regasificadora.
Constitúese a Coordinadora de ANPAs do Ribeiro e anuncia novas mobilizacións. As asociacións de Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Cortegada celebraron este sábado unha asemblea en Castrelo e a partir de agora iniciarán unha rolda de contactos con ANPAs de toda Galicia para abrir novas liñas de presión e planificar novas accións
Proyecto Gato, a entidade viguesa de protección de animais, convoca unha concentración este luns contra o desafiuzamento das súas instalacións, que se executará en 15 días. Denuncian que 300 gatos poden ser sacrificados.