Os inscritos e inscritas en Podemos votan entre hoxe e o sábado se o partido debe permitir que gobernen PSOE e Ciudadanos ou se debe manter a aposta por un Goberno progresista formado por PSOE, Podemos e confluencias, IU e Compromís. A dirección da formación aposta publicamente por esta segunda opción.
Fálase
O Goberno central renuncia a cambiar as poxas de bonificacións eléctricas como pedía Alcoa. Red Eléctrica de España sostén que a interrumpibilidade non é necesaria.
Caballero propón que o poder local do PSdeG impulse un candidato ás primarias para liderar o partido nas eleccións autonómicas.
PP e PSOE perderían un millón de votos cada un, Podemos superaría os socialistas en sufraxios (non en votos) e PP e Ciudadanos achegaríanse á maioría absoluta, segundo unha estimación de Jaime Miquel y Asociados para Público
A Xunta evita acusar a cargos eclesiásticos involucrados nun caso de corrupción con arte sacro. O sumario investiga a funcionarios, curas e empresas de rehabilitación por defraudar cartos públicos e adxudicar a restauración de templos a empresas amigas
A empresa de Soria cambiou o paraíso fiscal de Bahamas polo de Jersey, segundo revela en exclusiva El Diario. Os vicesecretarios del PP néganse a volver defender o ministro en público polo cambiante dos seus argumentos.
Un detido en Vigo e outro en Mugardos por enaltecemento do terrorismo nas redes sociais. Foron arrestados pola Garda Civil ao abeiro da operación Araña IV.
Prisión incondicional para Mario Conde. O xuíz Pedraz envía á cadea o ex banqueiro, acusado de oito delitos.
O grupo Gelria lanza o seu primeiro disco poñéndolles música a 14 poetas galegos contemporáneos, como Curros, Rosalía, Celso Emilio, Manuel Antonio ou Chus Pato
Convocan concentracións en denuncia polo asasinato machista de Tatiana Vázquez en Lugo