Fálase
- O Goberno central reduce a 800 tractores e 1.000 persoas a participación na tractorada de Santiago. Faino nun comunicado no que a Delegación gobernamental cita datos da Policía Nacional.
Arranca a tractorada, que xa circula por Compostela reclamando prezos xustos para o leite galego. Un vehículo de Mazaricos lidera a marcha, que xunta unhas 2.000 máquinas.
Centos de tractores van chegando a Salgueiriños para unirse á tractorada de Compostela
O Concello de Lugo aconsella non circular pola Ronda da Muralla ante a concentración de tractores que protestan pola crise do sector lácteo. O executivo local pide "a utilización de rutas alternativas".
Campo Galego analiza o papel das mulleres nas explotacións lácteas mentres se desenvolven as protestas. As mulleres, as manifestantes silenciosas das tractoradas
Unha multitudinaria tractorada chega a Bruxelas para manifestarse ante a xuntanza extraordinaria do Consello de Ministros de Agricultura da UE. O xornal Le Soir está a contalo ao vivo
O Concello da Coruña adía o pleno previsto para hoxe, o da estrea do "escano cidadán", por mor do loito oficial a causa do accidente de Carral. A sesión celebrarase o vindeiro día 14.
As candidaturas soberanistas catalás lograrían a maioría absoluta en escanos pero non máis da metade dos votos o 27-S, segundo dúas enquisas que este luns publican El Periódico de Catalunya e El Mundo
O Goberno de España vólvese negar a acoller o número de persoas refuxiadas que lle asigna a Unión Europea. Recólleo El País
Pablo Iglesias e Alberto Garzón negocian o encaixe de candidatos de IU nunha lista común con Podemos. Cóntao eldiario.es