O Concello da Coruña adía o pleno previsto para hoxe, o da estrea do "escano cidadán", por mor do loito oficial a causa do accidente de Carral. A sesión celebrarase o vindeiro día 14.
Fálase
As candidaturas soberanistas catalás lograrían a maioría absoluta en escanos pero non máis da metade dos votos o 27-S, segundo dúas enquisas que este luns publican El Periódico de Catalunya e El Mundo
O Goberno de España vólvese negar a acoller o número de persoas refuxiadas que lle asigna a Unión Europea. Recólleo El País
Pablo Iglesias e Alberto Garzón negocian o encaixe de candidatos de IU nunha lista común con Podemos. Cóntao eldiario.es
A metade dos beneficiarios das axudas agrícolas da UE non viven do campo. Cóntao Faro de Vigo
Unha nena de Carral convértese na sétima vítima mortal do accidente do rally do pasado sábado.
Unha muller é asasinada pola súa parella en Vigo. A Policía atopou o cadáver a pasada noite e o presunto agresor entregouse, segundo informa Faro de Vigo
O Pontevedra gañou (2-0) ao Tuledano e o Racing de Ferrol goleou (1-4) o Peña Sport. O Compostela caeu 1-0 ante o Izarra na terceira xornada da Segunda B.
Vence cre que "hai moi boas perspectivas de que acabe callando unha candidatura única". Nunha entrevista na Radio Galega, o voceiro nacional do Bloque aclara que a liña vermella é permitir a posibilidade dun grupo galego propio soberano no Congreso.
Societat Civil Catalana emprega unha imaxe de Rosalía para defender os seus postulados en Cataluña. Denunciouno o deputado de CUP Quim Arrufat.