Unha nena de Carral convértese na sétima vítima mortal do accidente do rally do pasado sábado.
Fálase
Unha muller é asasinada pola súa parella en Vigo. A Policía atopou o cadáver a pasada noite e o presunto agresor entregouse, segundo informa Faro de Vigo
O Pontevedra gañou (2-0) ao Tuledano e o Racing de Ferrol goleou (1-4) o Peña Sport. O Compostela caeu 1-0 ante o Izarra na terceira xornada da Segunda B.
Vence cre que "hai moi boas perspectivas de que acabe callando unha candidatura única". Nunha entrevista na Radio Galega, o voceiro nacional do Bloque aclara que a liña vermella é permitir a posibilidade dun grupo galego propio soberano no Congreso.
Societat Civil Catalana emprega unha imaxe de Rosalía para defender os seus postulados en Cataluña. Denunciouno o deputado de CUP Quim Arrufat.
O independentismo obtería unha axustada maioría absoluta pero non alcanzaría o 50% dos votos, segundo unha enquisa para El Periódico. A CUP podería ata triplicar os seus resultados e Ciudadanos sería segunda forza tras Junts pel Sí.
Besteiro asegura que segue coa idea de ser candidato á Xunta. O secretario xeral do PSdeG fala nunha entrevista en La Voz de Galicia, na que mantén a súa inocencia tras a súa imputación por parte de De Lara.
O Lugo empata ante o Mirandés (1-1) e mantense invicto na Segunda División. En 2ªB, o Somozas vence o Cacereño (3-1) pero caen Celta B e Coruxo ante Astorga (0-1) e Logroñés (3-0).
O Colexio de Médicos de Pontevedra aposta por unha xestión "pública, global e única" do hospital de Vigo. "Todos os modelos sanitarios bicefálicos, como en Madrid, teñen problemas de coordinación", di o seu presidente.
Traxedia no rally da Coruña. Seis falecidos e 16 feridos, seis deles moi graves logo de que un coche batese contra varios afeccionados. Investíganse as causas do sinistro nun tramo considerado seguro.