O PP esgrime a necesidade de manter o envío de papeletas ás casas para garantir o "dereito de sufraxio", en verbas de María Dolores de Cospedal. A número dous de Rajoy afirma que o partido si está disposto a colocar menos cartelaría electoral nas rúas na nova campaña das xerais. En eldiario.es
Fálase
O Supremo anula unha condena por tráfico de drogas en Ourense; a Policía observara as persoas condenadas sen orde xudicial no interior dunha vivenda empregando uns prismáticos. É o primeiro pronunciamento no que se establece que esta conduta supón quebrantar a inviolabilidade do domicilio.
O 26% do electorado das xerais decidiu o seu voto na derradeira semana da campaña. No caso de En Marea, máis da metade das persoas que apoiaron a coalición decidiron facelo cando xa comezara a campaña. Son datos incluídos no estudo postelectoral do CIS, que tamén indica que un 15% mudaría o voto se soubese o resultado dos comicios.
O BOE publica a convocatoria das novas eleccións xerais para o 26 de xuño. O decreto de disolución das Cortes e chamada ás urnas foi asinado este martes polo rei.
A esposa de Arias Cañete beneficiouse da amnistía fiscal sendo el ministro. Aparece na listaxe investigada polo Goberno logo de aparecer tamén nos papeis de Panamá.
Traballadores de El Mundo e doutros medios de Unidad Editorial, en folga. Protestan contra o ERE que contempla o despedimento de 224 traballadores en todo o grupo.
A policía francesa prohibe a Nuit Debout logo de varios incidentes na praza da República de París. Quedan vetadas as manifestacións durante varias horas.
O Parlament desafiará ao Estado e ratificará a lei contra a pobreza. A norma foi suspendida polo recurso interpolos polo Goberno central ante o Constitucional.
Bruxelas empeora as previsións de déficit do Estado. A Comisión Europea adianta que non baixará do 3% do PIB até 2018.
Besteiro reuniuse coa man dereita de Sánchez para perfilar as primarias do PSdeG. O ex líder socialista estivo acompañado da presidenta da xestora.