O BOE publica a convocatoria das novas eleccións xerais para o 26 de xuño. O decreto de disolución das Cortes e chamada ás urnas foi asinado este martes polo rei.
Fálase
A esposa de Arias Cañete beneficiouse da amnistía fiscal sendo el ministro. Aparece na listaxe investigada polo Goberno logo de aparecer tamén nos papeis de Panamá.
Traballadores de El Mundo e doutros medios de Unidad Editorial, en folga. Protestan contra o ERE que contempla o despedimento de 224 traballadores en todo o grupo.
A policía francesa prohibe a Nuit Debout logo de varios incidentes na praza da República de París. Quedan vetadas as manifestacións durante varias horas.
O Parlament desafiará ao Estado e ratificará a lei contra a pobreza. A norma foi suspendida polo recurso interpolos polo Goberno central ante o Constitucional.
Bruxelas empeora as previsións de déficit do Estado. A Comisión Europea adianta que non baixará do 3% do PIB até 2018.
Besteiro reuniuse coa man dereita de Sánchez para perfilar as primarias do PSdeG. O ex líder socialista estivo acompañado da presidenta da xestora.
O custo das pensións superará en Galicia os 8.000 millóns, o 14% do PIB. Só Italia e Grecia superan o país na relación entre pagas e creación de riqueza.
Tres familias de Vigo a piques de ser desaloxadas das súas vivendas iniciaron unha folga de fame para denunciar a falta de axudas e solucións ofrecidas polas distintas administracións. O Concello de Vigo, en resposta, anuncia que lles ofrecerá o pagamento dun mes de alugueiro "para gañar tempo" e que as "avisará" se queda libre algún piso de propiedade pública
Izquierda Unida iniciou este luns á consulta ás súas bases sobre a candidatura conxunta con Podemos e outras forzas para as eleccións do 26 de xuño. As votacións telemáticas continuarán este martes e completaranse coa votación presencial do mércores. A maior parte dos líderes da formación, comezando por Alberto Garzón, defende o si, fronte a Cayo Lara ou Gaspar Llamazares, críticos coa consulta