Izquierda Unida iniciou este luns á consulta ás súas bases sobre a candidatura conxunta con Podemos e outras forzas para as eleccións do 26 de xuño. As votacións telemáticas continuarán este martes e completaranse coa votación presencial do mércores. A maior parte dos líderes da formación, comezando por Alberto Garzón, defende o si, fronte a Cayo Lara ou Gaspar Llamazares, críticos coa consulta
Fálase
Un grupo de estudantes da USC reclama ante o Reitorado a expulsión de Luciano Méndez polos comentarios "machistas" realizados nas súas clases. Critican tamén que a Universidade abra unha investigación pola acción de protesta levada a cabo en marzo polo alumnado do Máster de Igualdade de Xénero
Feijóo ratifica que prevé "esgotar a lexislatura" e non adiantar as eleccións. Para facer cadrar os comicios galegos coas novas xerais, o presidente da Xunta tería que formalizar a convocatoria este martes.
Podemos busca alianzas máis aló de IU para as xerais. A formación procura acordos con MÉS nas Balears ou coa Chunta en Aragón, segundo conta El País.
Filtracións sobre o TTIP revelan as presións dos EUA a Europa e as diferenzas "irreconciliables" entre ambas as dúas posturas. Textos feitos públicos por Greenpeace falan de "continuas reticencias".
O Breogán derrota o Leyma Coruña (90-83) e iguala a eliminatoria no play-off de ascenso á Liga ACB. O martes xogarase na Coruña o quinto e definitivo partido.
Yolanda Díaz suxire que o candidato de En Marea "non sexa de parte", avogando por escoller unha persoa que non pertenza a Podemos, Esquerda Unida ou Anova. Di que lle gustaría que fose unha muller e sinala que Luis Villares "sería moi bo candidato". Non cre que sexa necesaria a creación dun partido instrumental e pide un "proceso de desborde" en En Marea.
Derrota do Deportivo ante o Getafe (0-2) que complica un chisco a súa situación, aínda que mantén catro puntos de marxe sobre o descenso. Mala xornada para o fútbol galego, con derrota tamén do Celta e empates de Lugo e Rácing de Ferrol. O Compostela, que perdeu ante o Rácing de Santander, descende a Terceira División.
O director da Policía, Ignacio Cosidó, afirma nunha entrevista que Podemos representa "un perigo para a democracia" e que defende "o proxecto que representou ETA". Cosidó é o responsable político do peculiar informe sobre o financiamento da formación morada, do que se burlou a Xustiza.
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Cerceda, Dépor B e Choco lideran a táboa
As Pontes 0-3 Racing Vilalbés
Silva 0-3 Ribadumia
Galicia Mugardos 0-1 Bergantiños
Choco 0-2 Barbadás
Ordes 1-0 Deportivo B
Ribadeo 1-4 Rápido de Bouzas
Negreira 2-0 Barco
Verín 0-1 Cerceda
Boiro 4-1 Noia
Arousa 2-1 Alondras